Lingua Galega

E chegamos ao importante

Nesta última avaliación (xa era hora), na miña amada literatura imos a falar de autores dos anos 50 e 60. Teño que dicir que quitando a Rosalía, Curros Enríquez, Castelao y poucos máis esta é a miña parte preferida da literatura. Deixamos atrás o Teatro de Ridabía que non lle importa a ninguén e nos centramos en algo moi máis dinámico.

A narrativa de finais do século XX

Con posterioridade á Nova Narrativa Galega, apréciase na narrativa galega unha grande dispersión de estilos e tendencias. Nesta época, a produción neste xénero coñecerá unha máis que notábel ampliación temática, así como tamén un incremento na nómina de subxéneros (novela policial, novela histórica, novela pseudohistórica, novela infanto-xuvenil, novela de aventuras,…) debida en boa parte á incorporación dun novo público xuvenil -a denominada “literatura de instituto”- para o que se escriben textos supostamente accesibles.

Aínda que o elemento simbólico continuará a ser empregado, o seu uso será cuantitativamente menor nesta época. De todos os xeitos, máis aló dos límites que se veñen trazando para a Nova Narrativa, aínda cara a finais dos 70 rexistramos un conxunto de obras e autores -Xavier Alcalá, Rei Ballesteros, o propio Méndez Ferrín- que apuran as posibilidades abertas.

anita

A partir de 1980, non obstante, rexistramos ao tempo un retorno aos xeitos máis tradicionais de narrar sen por iso renunciar ao emprego de técnicas novas e, sobre todo, a unha grande apertura temática coa exploración de apartados ata aquel momento descoñecidos pola prosa de ficción galega. Doutra parte, a procura dunha “literatura de quiosco” continúa a ser unha clave fundamental para entender este período.

Aínda que resulta dificultoso establecer liñas dominantes, é posible salientar as seguintes tendencias:

  • A) Novela histórica: trátase de textos que recrean a historia de Galicia desde un triplo posicionamento: rescatar, mediante a ficción, esa historia como elemento nacionalitario; procura dun público afeccionado a este subxénero que ata o momento non existía en galego; establecer un verdadeiro exercicio lingüístico que posibilite a madurez da narración en lingua galega.
  • B) Novela policíaca: ademais da función de puro divertimento, moitos destes textos pretenden incorporar unha verdadeira radiografía da sociedade galega moderna con todo o conxunto de transformacións e cambios sociais, políticos, culturais… que se están a vivir no seu seo.
  • C) Novela intimista ou xeracional: rexístranse un conxunto de novelas e relatos que levan adiante unha exploración na educación sentimental dos seus protagonistas vinculados ás xeracións que viviron a súa infancia nos derradeiros anos do franquismo.
  • D) Novela fantástico-política: trátase de obras que presentan momentos da historia desde a óptica do “if”, xa sexa no pasado ou no futuro para levar adiante unha crítica da nosa historia ou unha proxección posible da mesma.
  • E) Novela urbana: emparentada co chamado “realismo sucio“, vén ser unha posta ao día do costumisto con carga de denuncia social e afán de representar a sociedade galega cambiante da Autonomía.

Narradores destacados desta época son, entre outros, Manuel RivasSuso de ToroCarlos G. ReigosaXosé Carlos CaneiroXurxo BorrazásMarilar AleixandreXavier DocampoAgustín Fernández PazPaco MartínTucho CalvoDarío Xohán CabanaFina Casalderrey

Pódese establecer unha clasificación dos escritores en prosa por promocións:

manuel rivas 01.jpg

Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura_galega_do_s%C3%A9culo_XX

Espero que fose entretido este tema e vos espero na próxima e derradeira publicación da asignatura de lingua galega.

Un saudiño!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s